miércoles, 20 de mayo de 2026

ZP: SU IMAGEN DE INTEGRIDAD RESPONDE A SU REALIDAD PERSONAL


Suso del Toro

Houbo un momento, na fin da súa segunda presidencia, no que todos os poderes e todas as as empresas de comunicación, vivino de primeira man, coincidiron en liquidar a figura do presidente Zapatero, tratábase de levar ao lombo entre todos eles a Rajoy á Moncloa. E así foi.
A crise financieira desencadeada en Wall Street provocou a crise económica que afectou aos países capitalistas, o estado español carecía de soberanía financieira e o Banco Europeo, Alemaña, ditou unhas medidas socialmente terribeis. Zapatero tomou decisións que poden ser discutidas, foron as que naquel momento considerou con toda honradez mellores. Aquela crise e falta de soberanía tras a entrada no “euro” non deixaba moitas saídas. Mais aquel final de Zapatero, foi unha liquidación política.
Pasaron os anos e a súa figura foi sendo vista con máis distancia e mellor comprensión, foi comprendido no contexto que lle tocou. É foi emerxendo a evidencia dun político con conviccións e íntegro, coa autoridade moral que iso lle deu nunha vida pública envilecida. Escribo isto coa conciencia de que a miña propia vida pública foi afectada por moitas cousas, tamén pola relación con José Luís Rodríguez Zapatero.
E por iso digo e manteño que esa imaxe que tiña a maior parte da poboación española dunha persoa íntegra e un político honrado responde á súa realidade persoal. El sabe as razóns políticas polas que nunca puiden votar polo seu partido, tería votado por el en Madrid mais son cidadán galego, iso non me impediu ser o seu amigo e comprometido a colaborar políticamente con el en tantas cousas, porque esas cousas eran en beneficio da sociedade e do ben común. E foi un honor esa complicidade e ese compañeirismo.
Non quero escribir sobre o momento no que se ve Zapatero como se fose o seu final porque non o é, non o vai ser. Desta vez non pretenden unha liquidación política, pretenden o que chaman en titulares, "cazalo": a liquidación persoal, coa súa familia. O imperdonábel, imperdonábel.
Non hai dúbida de que vai ser desta máis tocado que na vez anterior, mais non vai ser destruído. A sociedade á que el serviu debe saber que o obxectivo deste ataque é destruír a mellor referencia de decencia na vida pública que resta. Por iso o fan, porque esta dereita franquista só avanza subida na indecencia. E na nosa desesperanza.

DdA, XXII/6350

1 comentario:

Anónimo dijo...

ZP creo que fué amiguiño del capo de la mafia del carbón, un tal Victorino Alonso, también fuera amiguete del capo del sindicato minero , u. Tal Villa

Publicar un comentario