martes, 25 de agosto de 2026

EL TRIÁNGULO INQUISIDOR ROMPIÓ LA FRAGILIDAD DE AS MARÍAS


Por respeto y admiración a una lengua por la que en este DdA sentimos auténtica debilidad, mantenemos en gallego el texto que sigue sobre As Marías, una pareja de mujeres cuyas vidas reflejan lo que fue la larga noche de la dictadura, onde só había escuridade, medo e silencio, moito silencio. Con nuestra gratitud a la firmante, porque hay historias como esta de la historia de Galicia durante el franquismo que se dicen y calan mejor en la memoria si se cuentan así, como bien se constata en la última frase del texto.

Encarna Otero

O 24 de agosto de 1914 nace en Compostela Coralia Fandiño Ricart, xunto a súa irmá maior María "Maruxa", foron unha parella de irmás coñecidas na súa cidade como As Marías. Desde 1994 están representadas nunha célebre escultura situada no parque da Alameda, obra do escultor César Lombera.

Pertencentes a unha familia anarquista, os seus irmáns Manuel, Antonio e Alfonso foron destacados dirixentes e líderes da CNT, o golpe de Estado do 18 de xullo do ano 1936 afogou as ansias de liberdade de todo un pobo e a represión feroz chegou á familia Fandiño Ricart.

Chamáronlles “roxas”, tratáronas de “putas”. O traballo desapareceu como medio de sustento e de dignidade; a fame estivo presente diariamente nas súas vidas a partir de entón. Continuaron vivindo na rúa do Medio, naquela Compostela dos anos 40, 50, 60 e 70, onde só había escuridade, medo e silencio, moito silencio. O triángulo mortal e inquisidor que formaron Falanxe, Igrexa e Exército no franquismo triunfante tras a guerra esnaquizou a súa fraxilidade e a súa cabeza escachou coma o cristal.

DdA, XXII/6447

No hay comentarios:

Publicar un comentario