viernes, 5 de abril de 2024

EL VOCABULARIO DEL VENTO

 


Xose Miguel Suárez Fernández

Pra estos días qu’asopra tanto el vento del sur, discurrín recordar vocabulario del galego-asturiano referido a este asunto del aire en movemento.
El primeiro é el nome que ye damos: pode ser “vento” ou pode ser tamén “aire”: “Hoi haiche muito aire”. É verdá qu’esto de “vento” é cousa máis ben dos da marina, porque os da montaña queren miyor “aire” pra referírense a esa realidá.
El vento asopra, corre, ventía, ventolía... y, condo hai muito, funga, ruxe, bufa, brúa. Se mengua a forza, amaina, queda, apanda, acalma... Dicimos que “hai” vento ou que “vai” vento. Se nun hai miga, dicimos que nun vai “un vafo de vento”. Ese golpe lixeiro d’aire é tamén úa “bufarada”.
El vento que chega d’hacía el sur chamámoye “vendaval”. Na marina estremooccidental asturiana, por ser a que máis lonxe ten as serras litorales, asopra que mete medo. El típico da marina é el nordés, que tampouco nun é manco.
Tamén hai nomes locales dependendo da dirección del vento. En Tapia chámanye “travesía” a un vento mui determinao: el qu’entra na dirección entre El Horro y El Faro. En muitos sitos del interior chámanye “camburio” al vento frío que chega da marina, del norte. Ten que ver con outras palabras nosas como “aburar”, “camburia”, “acamburiar”, que dan voltas á idea de ‘queimar’, ‘abrasar’.
El vento, condo pasa por un sito estreto ou dá contra un obstáculo, amaña remolíos y rebota; dicimos entoncias que “refolga”. “Cambiéi a siya de sito, qu’alí refolgaba muito”. A un golpe forte del vento chamámoye “refolón”.
El adxetivo “ventoleiro” usámolo condo vai vento ou é sito unde corre muito. A “ventoleira” é un golpe forte de vento, ademáis d’úa venatada que che dá de repente. Aparte de “ventoliar” como ‘soprar el vento’, se poñemos daqué al aire ou abrimos úa ventá, tamén tamos “ventoliando”: “Abre a porta pra que ventolíe el cuarto”. Y se daquén “ten muito vento na cabeza” é que ten demasiadas ideas ou ilusióis sin qu’haxa úa base pra eso.
De poñer al vento salíu “aventar” y daquén que nun ten muito xuicio, que xa sabemos que sempre se ye botóu a culpa d’estas cousas á influencia dos ventos, ta “aventao”.
Hai dalgús refráis unde aparece el vento. Ún d’elos sentínlo con dúas variantes: “Alba roxa, vento ou moya” y “Rubién de mañá, vento ou augua”. Outro que me presta é “Aventar sin vento y parir sin tempo, nun hai quen”.
¿Qué máis vocabulario conocedes en galego-asturiano sobre el vento?

DdA, XX/5604

No hay comentarios:

Publicar un comentario